Presentación

O Ministerio de Xustiza conserva no Arquivo do Rexistro Civil Central, entre cuxas funcións se encontra a inscrición da defunción de españois acontecida no estranxeiro, unha serie documental de dez tomos nos que foron encadernados 4.440 "Avisos oficiais de decesos de españois falecidos nos Campos de concentración da Alemaña Nazi", expedidos en Francia pola Dirección do Contencioso do Estado Civil e Investigacións do Ministerio de ex-Combatentes e Vítimas de Guerra.

Non se teñen demasiados datos sobre as vicisitudes desta documentación. Parece ser que as autoridades francesas remitiron a España os documentos a finais dos anos 50 e que todas as fichas se encadernaron, en dez tomos, a finais dos anos 60.

A presente base de datos, unha vez depurada, transcribe o contido das fichas individuais correspondentes a cada unha das vítimas incluídas nos "Avisos de decesos" " e incorpora a imaxe dixitalizada de cada ficha.

As certificacións relativas a esta documentación, para os efectos legais e rexistrais, deberán ser solicitadas polos interesados ao Rexistro Civil Central

Ministerio de Xustiza